Campaña de difusión do programa.
Realización de accións de información e difusión do proxecto nas comarcas onde se desenvolverá para a difusión do programa, información a posibles beneficiarias, a plataforma e o desenvolvemento das actuacións. Realizarase unha xornada de presentación do programa nunha das provincias de Galicia para conseguir a maior repercusión en medios de comunicación difundindo os obxectivos do programa e buscando beneficiarias para participar.
Itinerarios personalizados de Inserción Socio Laboral.
A detección e selección das persoas beneficiarias realizarase por parte do persoal técnico encargado do desenvolvemento do presente proxecto en estreita colaboración cos Concellos da zona e os servizos públicos de emprego.
Talleres para a procura activa e motivación para o emprego.
Utilizaremos a metodoloxía GIRA grupos de inserción laboral, para adaptar as expectativas das mulleres ao seu perfil para dar a formación máis adecuada.
Cursos de formación en liña novos ocos de emprego.
Utilizaremos a Plataforma www.redmur.org
Formación para o emprego
A formación variará dependendo destas demandas de emprego que nos atopemos na zona, incluiremos un Curso presencial sobre novas tecnoloxías para o seu uso en buscadores de emprego e incentivar emprendemento.
Feiras de emprendemento
Realizaranse dúas Feiras de emprendemento que se presentarán e difundirán ante os medios de comunicación en todas as provincias de Galicia. O obxectivo é promocionar este espazo de visibilización de mulleres emprendedoras, dos seus produtos e do uso das novas tecnoloxías e chegar ao máximo número posible de potenciais clientes para difundir estas iniciativas innovadoras entre mulleres, empresas, e cidadanía en xeral que poden participar e adquirir os seus produtos a través da rede creada.